O 13 de maio tiña lugar diante do Concello de Cangas unha concentración en resposta á represión sindical na empresa concesionaria do parque de bombeiros do Morrazo , "Celtaprix", que sanciona de forma reiterada a delegados da CIG desde o 2009. A mobilización tiña como obxectivo conseguir que o presidente do Consorcio Comarcal do que depende o parque, José Enrique Sotelo (PP) poña fin a esta situación. Para Suso García, secretario da Unión Comarcal da CIG no Morrazo, "a empresa pretende librarse dos traballadores mais reivindicativos de cara a xestionar o futuro Consorcio Provincial".
Celta Prix xestiona todos os parques comarcais que existen na provincia pontevedresa agás o de Silleda, que é totalmente público.
Peso:
0














