Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
Masiva participación na folga convocada en todos os centros de traballo, secundada polo 90% dos traballadores/as

17/12/2009

A CIG valora moi positivamente a participación das traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na folga e na manifestación convocadas no día de hoxe. Mobilizacións coas que se reclama a aplicación do convenio, partidas orzamentarias para manter os servizos e os postos de traballo e o cumprimento das condicións laborais pactadas, nomeadamente no referido a xornada e a suba salarial, a celebración das oposicións aprobadas, a resolución das irregularidades que se están a producir e que se garanta o seu carácter público.

Peso: 
0
cig.prensa@galizacig.com