As traballadoras e traballadores de Treves da avenida de Vigo e do Campiño secundaron masivamente a xornada de folga convocada. E para visibilizar as súas demandas e continuar recollendo máis apoios, achegáronse neste dia até a cidade de Vigo a mobilizarse até as portas do seu principal cliente: PSA Citroen, do que demandan unha implicación neste conflito.