marco

Anxo Louzao fai unha valoración da entrevista co Conselleiro de Educación polo Decreto contra o Galego


20/1/2010

O día 19 o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e Marta Dacosta, responsábel de Normalización na CIG-Ensino, acudiron á entrevista convocada polo Conselleiro de Educación; unha convocatoria feita a mantenta para restar proxección nos medios ás declaracións da organización sindical. A CIG considera absolutamente inaceptábel que, a horas da realización da folga do 21 de xaneiro, a organización sindical maioritaria no ensino e convocante da folga sexa recibida en último lugar, o que vén ser unha nova burla ao profesorado. Por outro lado, a CIG comprobou que esta entrevista só pretendía ser unha xustificación diante da sociedade, pois a Consellaría pretende continuar coa súa cruzada contra o galego.