Traballadoras e traballadores do Consorcio levan a cabo a terceira folga
20/1/2010
Traballadoras
e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
secundaron masivamente a folga convocada pola CIG e sumáronse á
manifestación que percorreu as rúas de Compostela para rematar
concentrándose diante das dependencias da Xunta de Galiza en San
Caetano. Durante o percorrido da marcha corearon consignas contra a
privatización e desmantelamento destes servizos públicos, contra os
despedimentos das 61 compañeiras e compañeiros e en demanda da
aplicación do convenio colectivo.