marco

Terceira xornada da folga indefinida da limpeza en Vigo


20/11/2008
O mércores 19 de novembro as mobilizacións pola folga indefinida do convenio provincial da limpeza de edificios e locais de Pontevedra levaban aos piquetes a concentrarse diante do Edificio da Xunta en Vigo. Nesta pacífica concentración os antidisturbios agrediron a dúas mulleres, traballadoras da limpeza, que tiveron que ser trasladadas a centros hospitalarios. Neste video resúmese o acontecido e recóllense as declaracións de Tránsito Fernández, secretaria comarcal da CIG Servizos de Vigo, sobre a xornada do 19 de novembro.