marco

A CIG-Ensino valora a participación na folga fronte ao decreto contra o galego como un éxito


22/1/2010

A CIG-Ensino valora a participación na folga convocada en demanda da retirada das bases do decreto do plurilingüismo como un éxito rotundo, xa que en todos os centros as aulas estaban maioritariamente baleiras de alumnado. Desde a CIG-Ensino emprazamos ao Presidente Feijoo e ao conselleiro de Educación a tomar boa nota e recoñecer que o ensino galego rexeita esta proposta de bases, por ser un ataque sen precedentes ao noso idioma.