marco

Entréganse no rexistro da Xunta máis de 24.000 sinaturas en apoio das demandas de traballadores/as e usuarios/as


22/12/2009
A CIG agarda que a consellaría de Traballo amose “sensibilidade democrática” e atenda ás máis de 24.000 persoas que apoiaron coa súa sinatura as demandas das traballadoras/es do Consorcio. Así o manifestaba tras da súa entrega no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, quen facía ademais un chamamento á conselleira de Traballo, para que mude a súa actitude advertindo que se na mesa de negociación prevista para o día 13 de xaneiro non se dá resposta ás demandas deste colectivo continuarán as mobilizacións, nomeadamente a folga convocada para o día 19 de xaneiro e a manifestación prevista para o día 30 dese mesmo mes, en defensa dos servizos públicos e contra a súa privatización.