marco

Concentración de delegados e delegadas da Banca contra o peche de oficinas de Caixa Galicia en Ourense


24/6/2009
Medio cento de delegados e delegadas convocados polo Comité de Empresa de Caixa Galicia na provincia de Ourense concentráronse ante a Oficina Principal da Entidade en contra do peche de oficinas e pola defensa dos postos de traballo. Dende o Comité denuncian que no vai que de ano Caixa Galicia anunciou o peche total, parcial ou temporal de 9 centros de traballo, así como novos posíbeis peches para o segundo semestre de 2009.