Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
Queremos Galego consegue a adhesión de 4.530 profesoras e profesores á campaña "Dou e darei as clases en galego"

5/5/2010
Queremos Galego advirte á Xunta de que "se expedienta a algún profesora ou a algunha profesora por dar as aulas en galego, todo o ensino se porá en pé" Santiago de Compostela, 5 de maio de 2010.- Representantes de Queremos Galego fixeron entrega esta mañá, no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza, de 4.530 sinaturas de profesores e profesoras que se adheriron á campaña para manifestar a súa intención de continuar a impartir as aulas en galego. Coa súa sinatura o profesorado tamén manifesta explicitamente o seu rexeitamento ao decretazo contra o galego. Desde a plataforma cidadá púxose en marcha unha campaña de recollida de pronunciamentos a través dos que o profesorado declara explicitamente que está impartindo aulas en lingua galega e que se compromete a continuar exercendo ese dereito a prol da normalización lingüística. A campaña púxose en marcha por mor do ataque, sen precedentes, contra o noso idioma ao incluír o mal chamado ‘decreto de plurilingüismo’ a prohibición -que por vez primeira se recolle na lexislación galega- de impartir materias en lingua galega, nomeadamente as de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, ademais de proscribir o galego na práctica en toda a educación infantil das cidades e principais vilas do país.
Peso: 
0
cig.prensa@galizacig.com