Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
Rolda de prensa de "Queremos Galego!" fronte ao rexeitamento da Mesa do Parlamento da tramitación da ILP

9/3/2010
Santiago de Compostela. 9 de marzo de 2010. A comisión xestora de Queremos Galego compareceu hoxe en conferencia de imprensa para, a través dun dos seus portavoces, Carlos Callón, anunciar as medidas legais e sociais a adoptar logo de a Mesa do Parlamento ter rexeitado por maioría a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada nos últimos meses desde a plataforma. Esta iniciativa puxérase en andamento a través dunha comisión promotora da que fan parte nomes senlleiros en diferentes ámbitos da vida social e cultural do país, como Manuel Rivas, Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Margarita Ledo, Xurxo Souto, Marica Campo, Kiko da Silva, Xosé Lois “O Carrabouxo” ou Sonia Lebedynski, entre outros.
Peso: 
0
cig.prensa@galizacig.com