marco
Watch this video!

Concentración de delegados e delegadas contra as medidas antisociais do goberno

27/5/2010
Ducias de delegados e delegadas da CIG da área pública concentráronse esta mañá diante da Delegación do Goberno en A Coruña para amosar o rotundo rexeitamento da central ás medias de recorte do déficit público que veñen de aprobarse no Pleno do Congreso. Durante a protesta, a CIG reclamou un cambio de modelo, unha aposta por reformas de carácter estrutural profundas e reiterou o chamamento a UGT e CCOO de cara a preparar a convocatoria inmediata dunha folga xeral, que paralice a consolidación de novos ataques á clase traballadora.
Watch this video!

O Xerente do Consorcio, demostrando o seu talante ditatorial, volve desaloxar ás delegadas e delegados da CIG

26/5/2010
O xerente négase a recibir ás delegadas e delegados da CIG para falar da aplicación do Convenio, xa negociado, e da situación actual e futura do Consorcio. As delegadas e delegados do Consorcio de servizos de Igualdade e Benestar, pechados hoxe, 26 de maio, desde as 11:30 até que as 13:00 horas, foron desaloxados pola policía por orde do Xerente do Consorcio. Este novo peche é debido a que desde hai catro meses a Xerencia do Consorcio está a adiar unha xuntanza de negociación á cal se comprometeu. Esta entrevista foi solicitada en numerosas ocasións, e incluso anunciada polo Xerente do Consorcio en escrito de 8 de marzo, fixando a data para os vindeiros días, desde a CIG pensamos que os vindeiros días xa pasaron e de aí o peche nas instalacións do Consorcio para conseguir ser recibidos, isto, non foi posíbel xa que o Xerente do Consorcio dou orde a policía de desaloxarnos. Cómpre lembrar que está sen aplicar o convenio, paralizadas as oposicións, a máis de numerosos problemas de funcionamento diario no Consorcio. Neste marco, a administración négase a recibir, informar e negociar cos traballadores e traballadoras, cunha actitude desprezativa e insensíbel co colectivo de empregados/as, máis tamén co conxunto dos usuarios destes servizos esenciais para o benestar do noso País. O xeito irresponsábel e totalitario de actuar na xestión destes servizos só se pode entender desde a óptica privatizadora que están a aplicar para sacar beneficio destas actividades, tratando o persoal como mercadoría e non como traballadores e traballadoras con dereitos, o cal se fai aínda máis incomprensíbel desde a Consellaría de Traballo.
Watch this video!

Concentracións contra as medidas antisociais do goberno español

21/5/2010
Concentracións contra as medidas antisociais do goberno español. Intervención de Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG, na concentración
Watch this video!

A CIG reitera o seu máis contundente rexeitamento ás medidas presentadas por Zapatero

19/5/2010
Denuncia o centralismo e sectarismo das centrais sindicais españolas CCOO e UGT A CIG vén de reiterar, en rolda de prensa, o seu máis contundente rexeitamento ás medidas regresivas e antisociais presentadas a pasada semana por Zapatero e de facer un novo chamamento a que as mobilizacións se estendan ao conxunto da clase traballadora e non se cingan exclusivamente aos empregados/as públicos/as. A central sindical entende que os recortes salariais anunciados na área pública son só o primeiro chanzo para xustificar logo unha reforma laboral coa que se recortarán dereitos e se precarizarán aínda máis as condicións laborais. Por iso lamenta que non fora posíbel conseguir a unidade sindical, nas mobilizacións e folga convocadas na área pública, nin de cara a convocatoria de folga xeral, polas diferenzas existentes respecto das mesas de diálogo social, onde CCOO e UGT están a negociar, precisamente esa reforma laboral.
Watch this video!

A CIG esíxelle á Consellaría de Educación que retire o proxecto de Decreto do plurilingüismo despois do informe demoledor

14/5/2010
A CIG-Ensino esixiu a Consellaría de Educación, en rolda de prensa, que retire o borrador de Decreto de Plurilingüismo, despois de que do ditame do Consello Consultivo o declara ilegal ao afirmar “ que resulta contrario ao ordenamento xuridico” e que contravén a legalidade vixente, nomeadamente a Lei de Normalización Lingüística, o Estatuto de Autonomía, a Carta Europea das Linguas Minorizadas e a propia LOE. Este ditame ven a sumarse ao rexeitamento de diferentes institucións, organizacións e entidades que están reclamando que se retire este proxecto. O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, que estivo acompañado por Duarte Corea, secretario nacional de Relación Institucionais da CIG-Ensino, explicou que se a consellaría asumira as propostas do Consello Consultivo estariamos diante dun decreto totalmente desfigurado, xa que “ataca os seus propios alicerces”, afirmou. En consecuencia, ao seu entender, só queda unha saída, “a retirada do anteproxecto de decreto de ‘Plurilingüísmo’ e volver ao consenso acadado no Plan xeral de Normalización Lingüística e o decreto 124/2007”.
Watch this video!

Concentración en Cangas contra a represión en Celtaprix

14/5/2010

O 13 de maio tiña lugar diante do Concello de Cangas unha concentración en resposta á represión sindical na empresa concesionaria do parque de bombeiros do Morrazo , "Celtaprix", que sanciona de forma reiterada a delegados da CIG desde o 2009.  A mobilización tiña como obxectivo conseguir que o presidente do Consorcio Comarcal do que depende o parque, José Enrique Sotelo (PP) poña fin a esta situación.  Para Suso García, secretario da Unión Comarcal da CIG no Morrazo, "a empresa pretende librarse dos traballadores mais reivindicativos de cara a xestionar o futuro Consorcio Provincial".

Celta Prix xestiona todos os parques comarcais que existen na provincia pontevedresa agás o de Silleda, que é totalmente público.

Nova anterior relacionada