marco
Watch this video!

Non á represión na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial

13/5/2010
O pasado 12 de maio , delegados e delegadas da CIG participaban nunha concentración en reposta aos despedimentos e represión sindical practicada na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial, dependente da Consellaría de Industria, demandando a demisión do responsábel da mesma.
Watch this video!

Queremos Galego consegue a adhesión de 4.530 profesoras e profesores á campaña "Dou e darei as clases en galego"

5/5/2010
Queremos Galego advirte á Xunta de que "se expedienta a algún profesora ou a algunha profesora por dar as aulas en galego, todo o ensino se porá en pé" Santiago de Compostela, 5 de maio de 2010.- Representantes de Queremos Galego fixeron entrega esta mañá, no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza, de 4.530 sinaturas de profesores e profesoras que se adheriron á campaña para manifestar a súa intención de continuar a impartir as aulas en galego. Coa súa sinatura o profesorado tamén manifesta explicitamente o seu rexeitamento ao decretazo contra o galego. Desde a plataforma cidadá púxose en marcha unha campaña de recollida de pronunciamentos a través dos que o profesorado declara explicitamente que está impartindo aulas en lingua galega e que se compromete a continuar exercendo ese dereito a prol da normalización lingüística. A campaña púxose en marcha por mor do ataque, sen precedentes, contra o noso idioma ao incluír o mal chamado ‘decreto de plurilingüismo’ a prohibición -que por vez primeira se recolle na lexislación galega- de impartir materias en lingua galega, nomeadamente as de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, ademais de proscribir o galego na práctica en toda a educación infantil das cidades e principais vilas do país.
Watch this video!

Mobilización na sede de Geriatros en Vigo

5/5/2010

Traballadores/as e delegados/as do sector das Residencias privadas da Terceira Idade desenvolveron un acto de protesta, na mañá deste martes, na sede da empresa Geriatros en Vigo, en demanda da readmisión de dous delegados despedidos nas residencias de Laraxe e Vilanova e contra o bloqueo da negociación do convenio colectivo.

 Nova relacionada

Watch this video!

Arrinca o Correlingua 2010

4/5/2010
Arrinca o Correlingua 2010 en Compostela coa participación de 4000 nenos.
Watch this video!

Manifestación do 1º de maio de 2010

3/5/2010

Miles de persoas saíron á rúa neste Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, para manifestarse coa CIG en demanda de emprego e salarios dignos e para reclamar unha reforma do sistema fiscal para que se garanta a súa progresividade para que a crise non a pague a clase traballadora, senón aqueles que a provocaron. A manifestación central, e a máis numerosa, foi a convocada en Vigo, onde participaron 8.000 de persoas.

 

Nova Relacionada

Watch this video!

Queremos Galego chama a encher a Praza do Obradoiro o 17 de maio

30/4/2010
A Plataforma Cidadá Queremos Galego presentou esta mañá en conferencia de imprensa a campaña gráfica coa que chamará a toda a sociedade galega a unha nova manifestación nacional en defensa da nosa lingua propia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. “O Galego, o noso existir” é o lema escollido para unha mobilización “que non hai dúbidas de que será de novo histórica polas súas dimensións”, asegurou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un dos portavoces de Queremos Galego, Carlos Callón. A campaña gráfica que nos próximos días chegará a todas as comarcas do país xogará con dúas imaxes: a dunha bola de pan e a dun corazón; a primeira, simboliza “a lingua como sustento, como algo que vincula directamente a existencia material do noso pobo”; a segunda, da mesma maneira que o propio nome da plataforma cidadá “o amor pola nosa cultura e a demanda da súa presenza, para que acade plena normalidade no espazo que lle é propio”. “Quen cre nas potencialidades de Galiza, defende a identidade do país e defende a lingua”, asegurou. A manifestación do próximo 17 de maio partirá ás 12 da mañá da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro, que Queremos Galego confía en ateigar de novo, como xa acontecera na masiva manifestación contra o decretazo no ensino do pasado 21 de xaneiro.