Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centroda cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontadeprivatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta deGaliza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso deVigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas econvocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública estamobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzassindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumouapoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país:Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas quetamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega
Ás once e cuarto da mañá era a hora acordada, na estación de servizo de Beiramar, onde os traballadores parados do sector da construción e os delegados/as da CIG combinaran para levar adiante unha acción de protesta e denuncia da situación que se vive na Construción cun forte aumento do desemprego e unha precarización das condicións laborais, con constantes incumprimentos do convenio en canto a exceso de xornada, salario e contratación irregular.