marco
Watch this video!

Envio de postais de "Queremos Galego!" na defensa da nosa lingua

16/12/2009
Comeza a campaña de nadal de "Queremos Galego!" na que se quere facer presente nestas datas a reivindicación da nosa lingua, cando precisamente quere ser aproveitado o período de vacacións polo goberno da Xunta lanzar unha nova ofensiva contra o noso idioma, executando a ameaza de eliminar o actual decreto de uso e promoción do galego no ensino.
Watch this video!

As traballadoras/es do Consorcio acordan en Asemblea convocar folga para o próximo día 17 de decembro

15/12/2009
Os traballadores/as do Consorcio acordaron, na asemblea celebrada o pasado sábado día 12 de decembro, un novo calendario de mobilizacións que foi presentado esta mañá en rolda de prensa. A primeira é a folga convocada para o próximo xoves 17 de decembro, xunto cunha manifestación que partirá da praza do Toural ás 11.30 horas, para denunciar a precariedade laboral que padecen e exixir a inmediata aplicación do convenio, a convocatoria de oposicións, a paralización do proceso de desmantelamento e privatización dos servizos sociais dependentes deste organismo e a paralización dos 61 despedimentos anunciados. Despedimentos que onte mesmo comezaron a ser comunicados.
Watch this video!

Queremos Galego anuncia unha mobilización xeral de todo o ensino se a Xunta non recúa na súa intención de derrogar o decreto 124

1/12/2009
Organizacións representativas dos diferentes sectores da comunidade educativa galega, inseridas na plataforma cidadá Queremos Galego, expuxeron esta mañá en conferencia de imprensa a súa posición conxunta a respecto do “clima de incerteza” que se respira nas aulas perante a previsíbel derrogación do decreto 124/07 de uso e promoción do galego no ensino, que mantén a súa vixencia durante o presente curso escolar, e a súa tamén previsíbel substitución por un novo texto. Este, segundo denunciaron, suporía “o primeiro retroceso legal en 30 anos de período autonómico e presenza legal do galego no ensino”.

Se ben a convocatoria das medidas reivindicativas concretas será protagonizada polas diferentes organizacións do ensino, estas serán vehiculizadas tamén desde a propia estrutura de Queremos Galego, xa que como foi sinalado “a derrogación do actual decreto non constitúe só un ataque ao sistema educativo, senón que afecta a toda a sociedade no seu conxunto”.

As organizacións que subscriben o posicionamento conxunto manifestaron a súa “preocupación” polo que entenden como “un exercicio de total insubmisión” da Consellaría de Educación a respecto da súa propia lexislación vixente. “Non é só que non garantan o pleno cumprimento do decreto 124/07, que é de aplicación durante o presente curso escolar, senón que cada declaración pública acaba por se converter nun convite expreso á desobediencia”, sinalaron.

Neste sentido, denunciaron que a situación actual continúa a ser “de xeneralizado incumprimento do decreto en vigor” e que alí onde si se aplica é exclusivamente grazas “ao esforzo e compromiso, moitas veces mesmo persoal, da comunidade educativa”. Así, continúan a reclamar medios e recursos, “en moitos casos inexistentes”, e recoñecemento e formación axeitados para o profesorado.

Perante a cuestión da data na que sexa dado a coñecer o borrador do borrador, desde Queremos Galego manifestaron agardar que a Consellaría “non caia na tentación” de dalo a coñecer xusto antes da ponte da vindeira fin de semana, antes ou mesmo durante as vacacións do nadal “co obxectivo de tentar desactivar calquera resposta social”. Segundo indicou Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, “sería boa mostra do talante prepotente e antidemocrático de quen despreza a opinión da comunidade educativa e da sociedade”.
Watch this video!

V Congreso Comarcal da CIG en Vigo

1/12/2009

O sábado 28 de novembro tivo lugar no Salón de Actos da Faculdade de Económicas desde as dez menos cuarto e até as catro da tarde o V Congreso Comarcal da CIG de Vigo. Neste congreso avaliouse o traballo realizado pola comarca de Vigo nos últimos catro anos a través do Informe da Executiva, que foi aprobado. Ademais escolléronse o novo secretario comarcal, saíndo elixido Serafín Otero, a nova executiva comarcal e os 19 representantes da comarca de Vigo no Consello Confederal.

Nova relacionada