Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo acollerán mobilizacións este mércores para rexeitar os ataques do Goberno español do PP aos dereitos da maioría social
21/05/2012
A Confederación Intersindical Galega convoca concentracións nas sete cidades galegas e en Vilagarcía de Arousa este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día seguinte. A central nacionalista chama á clase traballadora galega a responder na rúa os ataques contra os dereitos da maioría social.
Terá lugar o vindeiro xoves, día 24 de maio, ás 11:00 horas
22/05/2012
Os delegados e delegadas da CIG en novagalicia banco, no Banco Gallego (entidade participada) e nas empresas auxiliares (HP, Unicom e CISER) convocan unha concentración o vindeiro día 24 de maio diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, para esixir unha solución inmediata e urxente, un plan de futuro para NCG Banco, que garanta os máis de 7.000 postos de traballo.
Profesorado, estudantes e pais e nais participan nun encerro que se prolongará até a mañá do mércores
22/05/2012
Os peches rotativos convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúan o seu percorrido por diferentes centros do País. Este martes tocoulle a quenda á cidade da Coruña, onde pais e nais, estudantes e profesorado iniciaron un encerro, por volta das 17:30 horas, no IES Menéndez Pidal de Zalaeta. A protesta manterase até as 08:30 horas do mércores, día no que a Plataforma ten convocado un peche no IES Torrente Ballester, en Pontevedra.
A manifestación foi convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego” baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”
18/05/2012
Arredor de 25.000 persoas sumáronse á manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, na que está integrada a CIG, baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”. A mobilización rematou na praza da Quintana, que se quedou pequena para acoller a todas as persoas desprazadas a Compostela de todas as partes de Galiza.
Aproveitaron a presenza do presidente da Xunta e do conselleiro de Industria para protestar á entrada do recinto, onde despregaron unha faixa
22/05/2012
Máis dun cento de traballadores/as e parados do naval participaron hoxe na protesta convocada por CIG, CCOO e UGT coincidindo coa inauguración en Vigo de Navalia, a maior feira do sector do Estado español, por parte do presidente da Xunta. Dende a central nacionalista volveron reclamar un compromiso político que permita salvar unha industria fundamental para a comarca e estratéxica para o conxunto do país.
En demanda da readmisión do persoal despedido e un plan de viabilidade alternativo que garanta a continuidade da empresa
22/05/2012
Dúas semanas en folga e mobilizacións continuadas. Este é o panorama que viven a diario os traballadores e traballadoras de Einsa Print dende que a dirección lles presentou o agresivo plan de axustes para aforrar máis de 2 millóns de euros e afrontar as débedas cos bancos. Na tardiña deste martes, o persoal, acompañado por ducias de veciños e veciñas volvía manifestarse polas rúas das Pontes en contra dos despedimentos, dos recortes salariais e por un plan de viabilidade alternativo que efectivamente garanta a continuidade da actividade das plantas de Einsa.
A Xunta publicou un Plan de Ordenación de Recursos Humanos que deixa a porta aberta á creación dunha área única provincial
22/05/2012
A Xunta de Galiza publicou o pasado venres o Plan de ordenación de Recursos Humanos, que recolle nun texto ambiguo o que o Goberno de Núñez Feijoo “non se atreveu a publicar como decreto de xestión integrada (área única)”. A secretaria da CIG-Saúde de Lugo, Carmen Aira, a responsábel da Federación na Mariña, Pilar Méndez, e o responsábel na Unión Local de Monforte, Vicente Vázquez, denunciaron nun comunicado que isto suporá a descapitalización dos hospitais comarcas, a perda de servizos e de profesionais sanitarios.
Segue exixindo da Consellaría de Educación que non o aplique en Galiza e que presente un recurso en contra
21/05/2012
O Congreso dos deputados aprobaba, o pasado 17 de maio, cos únicos votos do PP, e os votos en contra de toda a oposición, o Real Decreto Lei 14/2012 que recolle unha batería de recortes en Educación para seren aplicados nos distintos territorios do Estado. A CIG-Ensino reclamou, desde o primeiro momento, a non aplicación en Galiza deste Real Decreto pensado e posto en marcha para dar un golpe de morte ao ensino público. Porén, denuncia a complicidade co Goberno central coa que está actuando o Conselleiro de Educación, que como unha “marioneta” asume os mandatos do PP.
No marco dunha mobilización da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que se está a desenvolver en centros educativos de todo o país
21/05/2012
Pais e nais, estudantes e docentes iniciaron hoxe luns día 21 un peche no Instituto de Educación Secundaria San Tomé de Freixeiro de Vigo para esixir da Consellaría de Educación que non aplique no noso país ningún dos recortes que recolle o RD Lei 14/2012 ou que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta. O peche, promovido pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, iniciouse ás 16.00 horas e está previsto que remate ás 9.00 horas do martes 22.
O persoal, que continúa en folga indefinida, mantivo unha xuntanza coa empresa este luns
21/05/2012
A representación dos traballadores/as de Einsa Print mantiveron este luns unha xuntanza coa dirección para abordar o plan de axustes presentado pola empresa e presentar unhas alternativas que eviten a baixada brutal de salarios e o despedimento de 29 empregados/as.
Analizou tamén a situación sociolaboral das mulleres e presentou numerosas propostas de mellora para camiñar cara solucionar esta problemática
21/05/2012
A secretaria de Muller, Margarida Corral, compareceu o pasado mércores día 16 de maio, na Comisión non permanente para o estudo da necesidade de racionalización dos horarios e da situación sociolaboral das mulleres de Galiza. Unha comparecencia na que manifestou a necesidade de facer unha aposta real e concreta pola conciliación dos tempos, “xa que esta pode axudarnos a superar a brecha que separa o discurso da igualdade de oportunidades, politicamente correcto, da práctica cotiá nas organizacións e nos fogares”.
A medida afecta aos 22 empregados da empresa, que teñen vixente unha suspensión temporal dos contratos
21/05/2012
Os traballadores/as de Talleres Carral protagonizaron na mañá deste luns unha concentración ás portas do SMAC da Coruña, coincidindo coa primeira xuntanza das negociacións entre a parte social e a empresarial por mor do ERE de extinción que a dirección pretende levar adiante e que afectaría aos/ás 22 operarios/as.
A Federación critica o cambio de modelo de xestión, “ao máis puro estilo empresarial”, e o deterioro progresivo da calidade do servizo prestado
21/05/2012
A CIG-Ensino realizou o pasado mércores unha concentración na Praza do Concello de Ortigueira en rexeitamento á política de acoso laboral, represalias e despedimentos que está a pór en práctica a Xerencia e o Presidente da Asociación Aspromor no centro de atención a persoas con discapacidade que ten en dito concello. Dende a central sindical demándase un cambio de rumbo na nova xestión que recupere os obxectivos polos que foi creada a asociación, centrada na atención aos/ás usuarios/as, e se respecten os dereitos dos traballadores/as.
Manifestacións masivas da CIG no 1º de maio
 
Artigos de opinión
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
A vitória de François Hollande sob a maldição de Mitterrand
14/05/2012J. Carlos de Assis
A propósito da eleição de François Hollande, cabe lembrar a primeira eleição de um socialista na França, François Mitterrand, no início dos...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Em pouquíssimas semanas a oposição que enchia as praças é substituída por algo bem diferente, o terrorismo, que tem por fim último o velho pr...
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
O medo do exemplo
11/05/2012João Ferreira
Balanço das eleições gregas
09/05/2012Rui Viana Pereira
cig.prensa@galizacig.com