Contra as 10:00 horas deste xoves 10 de maio, xornada de folga no ensino secundario e universitario, a CIG celebraba a asembleas de delegados e delegadas en todas as comarcas, nas que se analizaban as gravísimas repercusións que terán os recortes orzamentarios impostos polo goberno do PP nos presupostos para este ano. Nas mesmas denunciábase a submisión do goberno da Xunta, que lonxe de facer uso das súas competencias, aplica os recortes decretados desde Madrid malia as consecuencias que terán para servizos públicos básicos para as galegas e galegos como a sanidade e o ensino.








Xesús Seixo sobre o VI Congreso Confederal da CIG - Organiz...
A CIG contra a concertación social entre UGT, CCOO, goberno...
O Correlingua 2013 chega a Vigo após percorrer 10 localidad...





