Continuando coa campaña de mobilizacións contra a reforma laboral do PP, a CIG realizou na tarde deste mércores concentracións nas sete cidades galegas e en Vilagarcía nas que participaron centos de cidadáns/ás para amosar o seu rexeitamento a unha medida que só favorecerá a precarización das condicións laborais e un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora. A protesta convócase na véspera da aprobación do Proxecto de Lei de reforma do mercado laboral na Comisión de Emprego e Seguridade Social do Congreso, que despois será remitido ao Senado para o seu debate.








Xesús Seixo sobre o VI Congreso Confederal da CIG - Organiz...
A CIG contra a concertación social entre UGT, CCOO, goberno...
O Correlingua 2013 chega a Vigo após percorrer 10 localidad...





