Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 15/1/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Correos denuncia o mal funcionamento do servizo en Teo por falta de persoal de reparto

Convocan unha concentración diante da oficina o sábado 19 de xaneiro ás 13:00 horas
En xaneiro de 2005, Correos entregou, aos traballadores de Correos de Teo, unha proposta de reforma baseada nun estudo feito no ano 2004, que estabelecía a necesidade de aumentar o cadro de persoal de Correos en Teo en 3,5 persoas máis. Malia o tempo transcorrido ese incremento non se efectivizou. O sector de Correos da CIG denuncia esta situación e o mal funcionamento do servizo na actualidade.
Carteiro de correos de reparto

Manuel Anxo Álvarez Amado, secretario de Organización de CIG-Correos, sinala ademais que, nos últimos tres anos, a situación ten empeorado pola crecemento urbanístico do Concello de Teo e o consecuente medre de habitantes. “Correos nunca tivo a ben aumentar o cadro de persoal de repartidores no número preciso para garantir un servizo público e de calidade e ofrecer un reparto de correspondencia todos os días laborábeis en todos os domicilios, como así o indica a Lei Postal no seu artigo 17.2”, explica.

Álvarez Amado engade que os reforzos que ocasionalmente pon a entidade no Concello de Teo “son insignificantes e non solucionan para nada a continua acumulación de obxectos postais día tras día”.

Por iso, desde a CIG-Correos anuncian a recollida de sinaturas por todo o Concello de Teo para dirixilas ao presidente de Correos e a convocatoria dunha concentración diante da oficina de A Ramallosa (Teo), o próximo sábado día 19 de xaneiro, en demanda de aumento de persoal e dunha mellor calidade do servizo de reparto.

cig.prensa@galizacig.com