En primeiro lugar a CIG expuxo ante a AEPD a situación do sector de Telemárketing e o proceso de deslocalización facilitado polas autorizacións internacionais de dados a países considerados non seguros, nomeadamente a Marrocos e América Latina. Representantes da central nacionalista destacaron daquela a sensibilidade do director da Axencia ante a situación laboral provocada pola deslocalizacion no sector de Telemárketing.
No transcurso da reunión, a CIG expuxo a indefensión dos traballadores e traballadoras xa que nas autorizacións o anterior equipo directivo da AEPD non os consideraba como parte afectada, polo que non podían presentar alegacións.
Daquela a AEPD puxo en marcha un sistema provisional de comunicación aos sindicatos que permitiu á CIG presentar un contencioso administrativo contra a autorización de transferencia internacional de datos dos clientes de Telefónica Móviles a Perú, pois se dá a circunstancia de que Parte do servizo de atención aos clientes de Telefónica Móviles préstase na empresa Eurocen de A Coruña que emprega a 1.000 persoas.
A CIG expuxo tamén na xuntanza de abril que non había posibilidade de presentar alegacións contra as transferencias xa autorizadas que están a facilitar a deslocalizacion no caso de Atento-Telefónica. Neste senso, o novo Regulamento aprobado polo Goberno prevé a revogación ou suspensión das autorizacións xa concedidas.
Aínda que haberá que agardar á publicación no BOE deste Regulamento para coñecer o seu alcance real, a CIG considera que supón un paso adíante na loita contra a deslocalización no sector de Telemárketing e que recolle parte das achegas realizadas polo sindicato na reunión do 11 de abril de 2007, a primeira que mantivo un sindicato con este organismo ante a deslocalizacion do sector de Telemárketing.