Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 1/10/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Edítase unha nova folla informativa para os traballadores e traballadoras do convenio do metal de Pontevedra

Informase do estado da negociación do convenio entre outras cuestións
CIG-Metal vén de editar outra folla informativa sobre a situación da negociación colectiva que será repartida entre os traballadores e traballadoras afectadas polo convenio provincial do Metal de Pontevedra. Outros temas como a celebración do macroxuizo contra 13 traballadores do sector polo convenio do 2006 ou as sancións ou a contratación son algunhas das cuestións que se abordan neste texto, que reproducimos a continuación

Na primeira reunión da comisión negociadora do convenio despois da paréntese nas nosas mobilizacións por un convenio digno, a patronal manifestou a súa vontade de chegar a un entendemento que posibilite a sinatura dun preacordo do convenio.

Máis alá destas declaracións de boas intencións temos que recoñecer que non houbo avanzos no proceso negociador; iso si, quedouse pendente de novas reunións que xa veremos o que dan de si.

Por parte da CIG deixamos clara a nosa postura a estar dispostos a avanzar na negociación, mais non a calquera acordo, nos temas de vixencia, salarios e regulación da xornada e contratación.

Tamén manifestamos que non é de recibo as multas que están a recibir moitos traballadores polo mero feito de reivindicar os nosos dereitos na rúa.

Que casualidade que neste intre se abra simultaneamente un proceso inquisidor, os dias 19, 20 e 21 de outubro por mor das nosas mobilizacións do 2006 na defensa do Convenio. Neses dias hai un macroxuízo para trece compañeiros que sufriron a brutal represión da policia nas inmediacións da estación de Renfe.

Desde a CIG estamos convencidos de que este é un xuízo político ás reivindicacións dos traballadores do Metal, no que se pretende desacreditar ao movemento sindical, que foi quen de dar rostro na rúa á realidade da precarización e os baixos salarios no mundo laboral.

Xa estamos en contacto cos outros sindicatos para as accións conxuntas que posibiliten que os que van ser xulgados perciban a solidariedade e o calor obreiro que os metalúrxicos representamos.

O convenio está vivo e a solidariedade de clase presente.

Outubro 2009.

cig.prensa@galizacig.com