Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 1/12/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Monforte reclama o mantemento da área sanitaria

Como único garante dunha asistencia sanitaria de calidade
A pasada fin de semana quedaba constituída formalmente a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos, conformada por veciños/as e organizacións de distintos ámbitos, entre as que se atopa a CIG-Saúde. Dende a Plataforma, que vén sumar as súas reivindicacións ás plataformas de O Barco e Burela, reclámase o mantemento da Área de Saúde de Monforte como único medio para asegurar “unha calidade digna da asistencia sanitaria” da poboación de referencia.

A continuación reproducimos o Manifesto en Defensa da Sanidade Pública:

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos, conformada por veciños e veciñas e organizacións de distinto tipo pertencentes ás poboacións de Monforte, Carballedo, Chantada, Saviñao, Sober, Ferreira, Quiroga, Pobra do Brollón, Bóveda, Rubián e Folgoso do Caurel manifesta como principios xerais da mesma:

1.-A necesidade de manter a Área de Saúde de Monforte para asegurar unha calidade digna da asistencia sanitaria das poboacións anteriormente nomeadas. En vista das peculiaridades xeográficas, orográficas, poboacionais, socioeconómicas e de infraestruturas desta área, a Plataforma manifesta a necesidade dunha Área Sanitaria propia e forte como garante dunha asistencia sanitaria de calidade.

2.-A defensa da sanidade pública, único xeito de garantir o acceso da poboación á sanidade en igualdade de condicións.

3.- A loita por unha boa calidade asistencial na Área Sanitaria de Monforte, coa mellora continua da dotación, tanto humana como técnica, que permita asegurar que os veciños e veciñas destas comarcas reciban coidados sanitarios sen discriminacións nin diferenzas con respecto a outras.

cig.prensa@galizacig.com