Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 1/3/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Galiza destruíu máis de 110.000 postos de traballo nos últimos cinco anos

Un informe do gabinete de Economía da CIG alerta sobre a crítica situación na que se atopa o mercado laboral galego
Recén rematado o ano 2011, a realidade do mercado laboral galego é demoledora. Desde o 2008 asistimos a unha perda constante e importante de postos de traballo. Estamos a falar de 110.400 empregos  destruídos no último lustro e, aínda, un maior aumento da poboación parada, xa que a poboación activa aumentou neste período. Pódense consultar todos os datos no informe sobre o mercado de traballo galego que vén de presentar o gabinete técnico confederal de Economía da CIG.

Dende 2007, ano no que comeza a aumentar o desemprego, son 129.000 as persoas desempregadas que temos a maiores en Galiza.

Nunha situación de crise e destrución de emprego como a que estamos vivindo, o aumento da poboación activa é un fenómeno habitual, que obedece, en moitos casos, á saída en busca de emprego de máis membros da unidade familiar ante a necesidade de conseguir uns ingresos mínimos.

Se analizamos os novos activos que se incorporaron neste último ano o mercado de traballo galego vemos que foron mulleres, concretamente 14.000 novas activas (a poboación estranxeira, que xunto coas mulleres, estaba medrando nestes últimos anos, freou a súa chegada xa que apenas aumentou en 1.000 persoas, todos eles homes).

O feito de seren mulleres as novas activas afianza o argumento anterior; ante a perda de emprego do membro masculino do fogar, sae a muller ao mercado de traballo para intentar acadar uns ingresos, e dalgunha forma manter o nivel de vida da unidade familiar.

Pero a maioría delas pasaron a engrosar as listas do desemprego, xa que a poboación ocupada está descendendo. Así, o mercado de traballo galego non é capaz de absorber e dar traballo a estes novos activos polo que pasan a engrosar a lista de persoas desempregadas; de aí que medre máis a poboación parada do que descende a ocupada.

Neste último ano o descenso da poboación ocupada foi de 17.700 persoas, e o aumento do paro de 28.000.

Documentos
Informe completo sobre o mercado laboral en Galiza no ano 2011.
cig.prensa@galizacig.com