Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 1/6/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG chama aos empregados/as públicos a defender a súa dignidade participando nas mobilizacións convocadas para o 2 de xuño

En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos
A CIG fai un chamamento aos empregados e empregadas públicos/a a participar nas mobilizacións convocadas en toda Galiza en defensa dos salarios, do emprego, dos servizos públicos e da súa dignidade como traballadores/as que prestan uns servizos útiles e necesarios para a sociedade. A CIG manifesta que non se pode consentir que o goberno de turno tome a estes traballadores/as como cabeza de turco para pagar as consecuencias dunha crise que non provocaron e alerta de que se non hai unha resposta contundente nas diferentes mobilizacións convocadas, as medidas que se apliquen poderían ser aínda máis fortes.

Conxelación salarial; recortes para acceder á xubilación parcial; recortes nos gastos sociais para acceder a prestacións derivadas da Lei de Dependencia; limitación da capacidade de endebedamento das corporacións locais para 2011; diminución das retribucións das empregadas e empregados públicos no 5% da masa salarial... Estas son algunhas das medidas que se veñen de aprobar e ás que a CIG xa manifestou, desde o primeiro momento, a súa total oposición.

Medidas que supoñen un grave deterioro das condicións de vida das empregadas e empregados públicos e tamén dos traballadores/as do sector privado, pensionistas, dependentes...; que provocarán un considerábel aumento da fenda existente entre a clase traballadora e os que representan aos poderes económicos; un retroceso da situación económica, polo seu impacto negativo no consumo e na actividade produtiva e que, no seu conxunto, provocarán un grave deterioro das condicións de vida e traballo.

Medidas que para a CIG, aumentarán as diferencias sociais entre os máis ricos e os máis pobres e que favorecen unha maior inestabilidade na sociedade.

Por iso, desde as federacións da área pública da CIG, e desde o conxunto da central sindical, faise un chamamento á participación activa nas concentracións convocadas para o día 2 de xuño e na folga prevista para o vindeiro día 8 de xuño.

Concentracións do día 2 de xuño

PROVINCIA DA CORUÑA ( de 11 a 12:00 h)

A CORUÑA

1.- Edificio Administrativo de Monelos

2.- Edificio Administrativo Xunta Praza de Pontevedra

3.- Casa do Mar

4.- Concello da Coruña

5.- Deputación da Coruña

6.- Novos Xulgados

7.- Colexio Maria Pita –Colexios Monelos

8.- Hospital  A Coruña (CHUAC)

9.- Edificio Administrativo Proa

CARBALLO

1.- CONCELLO DE CARBALLO – 11 a 12:00 h

CEE

1.- CEIP Eugenio López de Cee.- 11 A 12:00 h

FERROL  (11 a 12:00 h)

1.- Concello de Ferrol. Praza de Armas

2.- Hospital Arquitecto Marcide

3.-Centro de Maiores de Caranza

4.-IES Concepción Arenal

5.- Centro de Saúde das Pontes.

COMPOSTELA 

1.- Edificio Administrativo da Xunta de Galiza - 11:30 h

2.- Concello de Santiago - 11:00 h

3.- Ambulatorio Concepción Arenal- Compostela - 11:00 h

4.- IES Rosalia de Castro- Compostela - 13:00 h

5.- IES Ribeira- Ribeira.(11:00-12:00)

6.- Hospital de Barbanza-Ribeira (12:00 h)

PROVINCIA DE LUGO ( 11-12 horas)

LUGO

1.- Edificio Adtvo da Xunta de Galicia –12:00 horas

2.- Hospital Xeral – 12 horas

3.- IES Virxe dos Ollos Grandes- Lugo – 11:15 horas

MONFORTE

1.- Hospital Xeral – 12:00 horas

BURELA

1.- Hospital da Costa – 11:30 horas.

UNICA PARA TODA A MARIÑA- TODAS AS ADMINISTRACIONS

PROVINCIA DE OURENSE ( 11-12 horas) e 19:30 HORAS VERÍN E VIANA DO BOLO

OURENSE

1.- Edificio Atvo Xunta de Galiza

2.- Concello de Ourense

3.- IES As Lagoas- Ourense

4.- Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU)

VERIN

1.- Concello de Verín – 19.30 horas

VIANA DO BOLO

1.- Concello de Viana do Bolo- toda a zona suroriental de Ourense. – 19:30 horas

PROVINCIA DE PONTEVEDRA (11-12 HORAS)

PONTEVEDRA

1.-Edificio Xunta Campo Longo – 11.00 horas

2.-Hospital Provincial –11.30 horas

3.-IES Luis Seoane Monteporreiro –11.30 horas

4.-IES Losada Dieguez A Estrada

VIGO

1.-Edif. Atvo da Xunta de Galicia en Vigo

2.- Concello de Vigo

3.-Campus Universitario en Lagoas Macosende

4.-I.E.S. Santa Irene na Praza das Travesas.

5.-Concello de Gondomar

6.-Hospital Xeral Vigo

Documentos
CONCENTRACIONS 2 de Xuño.pdf
cig.prensa@galizacig.com