Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 1/7/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG incrementa o número de delegados/as e votos nas eleccións sindicais de Correos

A central nacionalista consegue o 25% da representación do persoal
A CIG conseguiu 30 delegados/as (15 en laborais e outros/as 15 entre o persoal funcionario) dos/as 116 que se elixían nas eleccións de Correos celebradas o pasado 28 de xuño. Con este resultado, a central nacionalista obtén o 25% da representación, a pesar da redución considerábel do número de votantes e delegados/as.

O sector de Correos da CIG-Administración, matiza que, aínda que Ourense foi a única provincia que perdeu un delegado (hai que ter en conta que se pasaron de elixir 13 representantes a 9 en funcionarios/as), o traballo dos compañeiros e compañeiras da Sección Sindical veuse avalado ao conseguir unha porcentaxe de votos meirande que nas eleccións de 2007. No resto das comarcas, explican, conseguiuse manter e incluso mellorar o resultado das anteriores eleccións.     

Dende o sector valoraron positivamente o resultado, porque, “a pesar das trabas que nos puxo Correos negándonos a información que lles facilitou a outras organizacións e tras sufrir unha serie de actuacións encamiñadas a beneficiar os sindicatos asinantes, fomos capaces xa non só de manternos senón de mellorar, superando as nosas expectativas”. Así mesmo, lamentaron o “xogo sucio” empregado durante a campaña por algún dos sindicatos.

Por iso felicitaron a todos os/as delegados/as e achegados/as que se implicaron nesta campaña electoral e “sobre todo congratularnos porque estes resultados son o froito dun traballo que vén dende atrás, un traballo ben feito que agora se veu valorado e recompensado polo apoio dos traballadores e traballadoras nas urnas”.

Resultados (Comparativa 2007-2011):

 

 

Sindicato

Funcionarios

Laborais

2007

2011

2007

2011

A CORUÑA

C.I.G.

6

6

6

7

CC.OO.

4

5

8

8

U.G.T.

4

3

3

2

C.G.T.

2

2

-

2

CSI.F

1

1

2

2

S.LIBRE

2

0

2

0

LUGO

C.I.G.

2

2

2

3

CC.OO.

4

3

5

4

U.G.T.

1

-

-

-

C.G.T.

-

-

-

-

CSI.F

2

3

4

5

S.LIBRE

1

1

1

1

OURENSE

C.I.G.

3

2

2

2

CC.OO.

6

4

7

7

U.G.T.

1

1

2

2

C.G.T.

2

1

-

1

CSI.F

1

1

2

1

S.LIBRE

-

-

-

-

PONTE

VEDRA

C.I.G.

4

5

2

3

CC.OO.

5

5

7

8

U.G.T.

4

3

7

3

C.G.T.

2

2

-

1

CSI.F

-

-

-

-

S.LIBRE

-

2

1

2

 

cig.prensa@galizacig.com