O capitalismo xerou máis 4.750 millóns de pobres, provocou que máis de 3.000 millóns de persoas pasen fame no planeta e permite que uns 12 millóns de nenos e nenas morran cada ano por desnutrición. Pola contra, a maior parte da riqueza está en mans das 800 empresas multinacionais e dos 2,5 millóns de multimillonarios que se contabilizan no mundo.As grandes fortunas e as grandes empresas españolas teñen contas bancarias e empresas filiais, en paraísos fiscais, para así evitar pagar impostos a Facenda. O fraude fiscal no estado español e de 60.000 millóns de euros, de este fraude o 71% corresponde a Banca e as grandes Empresas (42.600 millóns).
Este modelo económico favorece a concentración da riqueza en poucas mans.
En Galiza, e no conxunto do Estado español, o 19% das persoas acumula o 77% da riqueza en capital e patrimonio, mentres o 81% –a clase traballadora– só dispón do 23% restante. As actuais medidas económicas, así como as sucesivas reformas laborais e socias promovidas polo PSOE e apoiadas polo PP para o que están servindo é para recortar dereitos, incrementar o desemprego e as desigualdades sociais, recortar calidade nos servizos públicos, precarizar máis o mercado laboral, empobrecer e debilitar a clase traballadora.
Fronte a estas políticas e a este modelo económico neo-liberal en Galiza existen organizacións sociais e políticas que facemos propostas alternativaspara unha mellor defensa dos intereses da maioría social, da clase traballadora.
Os mercados representan:
- Salarios máis baixos.
- Despedimento máis barato.
- Máis desemprego e máis contratos temporais.
- Aumento da idade de xubilación e pensións máis baixas.
- Recorte do gasto social e privatización servizos públicos.
- Redución dos impostos aos máis ricos.
- Concentración da riqueza e do poder nuns poucos.
- Gobernos ao servizo dos especuladores financeiros.
Alternativas:
- Mellora do poder adquisitivo dos salarios.
- Máis estabilidade no emprego.
- Incremento do gasto público produtivo.
- Aumento dos impostos á banca, ás rendas máis altas e ás grandes fortunas.
- Rematar coa fraude fiscal e cos paraísos fiscais.
- Investir na mellora dos servizos públicos.
- Creación dunha banca pública.
- Creación de empresas públicas en sectores estratéxicos da economía.
- Rematar coa economía especulativa.
- Facer un reparto máis igualitario da riqueza.
Outro modelo económico e social é posible!
Manifestación nacional. 23 de outubro ás 12:30 na Alameda de Compostela.
Podes descargar aquí o panfleto da campaña "Si, hai alternativas"