Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 10/10/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A FGAMT-CIG convoca unha manifestación o martes 11 de outubro en Vigo para denunciar a paralización da negociación colectiva

A marcha sairá ás 11 horas dende Vía Norte até o edificio da Xunta de Galiza
A Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil e Telecomunicacións da CIG (FGAMT-CIG) ten convocada unha manifestación para este martes 11 de outubro en Vigo, co obxecto de denunciar o grave deterioro e a parálise da negociación colectiva a nivel do estado. Esta situación está a afectar a sectores cunha gran importancia na Galiza polo número de traballadores/as que ocupan.

A marcha convocada pola FGAMT-CIG sairá ás 11 da mañá dende Vía Norte e percorrerá as rúas de Vigo até o edificio da Xunta na Praza da Estrela para denunciar os prexuízos que a paralización da negociación colectiva a nivel estado está a causar en sectores produtivos tan importantes para o noso País como o conserveiro, téxtil, frío industrial ou de elaborados.

Coa marcha tamén se quere denunciar a pasividade e a complicidade das centrais sindicais estatais nesta situación, así como a necesidade de avanzar na constitución do marco galego de relacións laborais.

En resumo, a situación actual da negociación colectiva estatal atópase do seguinte xeito:

-Conservas de peixe: Xuntanzas convocadas para os días 13 e 14. Segundo denuncia a FGAMT, a patronal pretende eliminar dereitos mentres que CCOO e UGT manteñen unha actitude de “seguidismo absoluto”.

- Elaborados: Non existe negociación.

- Frío Industrial: Convenio caducado en 2010 e paraliza a negociación.

- Téxtil: Sen negociación.

- Estacións de Servizo (Gasolineiras): Sen negociación.

- Mensaxería: Caducado no 2007 e sen negociación.

- Cárnicas: Sen revisar o texto do Convenio Básico dende o 2007.

En canto ao ámbito galego, aínda sendo a problemática diferente, aclaran dende FGAMT, tamén existen dificultades na negociación do Convenio de ambulancias (caducado no 2010), ademais de nalgúns Convenios Provinciais do transporte de Mercadorías e Viaxeiros.

Fronte a esta situación, dende a Federación da CIG subliñan que o marco galego de relacións laborais, reiteradamente reivindicado pola central nacionalista, constitúe “o único instrumento que pode permitir a mellora das condicións económicas e sociais dos traballadores e as traballadoras galegas”.

cig.prensa@galizacig.com