A CIG lembra que a falta de profesorado, a masificación das aulas, a falta de especialistas, incremento das taxas universitarias, endurecemento dos requisitos para acceder a unha bolsa ou o apoio da Xunta a centros privados concertados relixiosos ou mesmo que segregan alumnado por razóns de xénero mentres se recortan os medios para o ensino público, son algunhas das características que teñen marcado a política educativa aplicada polo Goberno de Feijoo no ensino galego, pondo en perigo o carácter público, universal e gratuíto do ensino e cedendo competencias propias.
A este paquete de medidas hai que engadir o anteproxecto de reforma educativa aprobado polo Goberno de Mariano Rajoy: unha proposta recentralizadora na medida en que usurpa competencias dos Gobernos autonómicos. Reduce dun 45% ao 35% o dereito para fixar currículos que até o de agora lle asistía á Consellaría de Educación e expulsará do sistema educativo a aquel alumnado con maiores dificultades.
Horarios e lugares das manifestacións:
- A Coruña, ás 12:00 horas na rotonda do Campus de Elviña.
- Santiago de Compostela, ás 12:00 horas no Toural.
- Pontevedra, ás 12:00 horas fronte á Facultade de CC. Sociais e da Comunicación.
- Vigo, ás 12.00 horas dende a Praza dos Cabalos.
- Ourense, ás 12:00 horas dende a Consellaría de Educación.
- Lugo, ás 12:30 horas dende o edificio Intercentros.