Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 10/11/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Consellaría do Medio Rural en Ourense non ten realizadas as avaliacións de riscos dos postos de traballo obrigadas por lei

O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG vén de presentar denuncia ante a Inspección de Traballo
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra a Xefatura Territorial en Ourense da Consellaría do Medio Rural por non ter realizada a avaliación de riscos dos postos de traballo adscritos a cinco distritos forestais e ambientais, no referido ás funcións e cometidos profesionais que realizan fóra das oficinas, e nos que se ocupa a uns 160 traballadores/as.

Dende o Gabinete destácase que a Consellaría do Medio Rural non ten realizada a avaliación de riscos de todo o persoal adscrito aos cinco distritos forestais e ambientais que hai na provincia (así como os centros comarcais dependentes destes), no referente ás funcións que os/as traballadores/as desenvolven no exterior das oficinas de referencia. Ademais, en moitos casos a xornada laboral realízase integramente en traballos de campo.

Segundo destaca Anxo Pérez, responsábel do Gabinete de Saúde Laboral da CIG en Ourense, o persoal afectado, que supera as 160 persoas, está exposto polas tarefas que realiza, a riscos en materia de seguridade, hixiénicos (físicos, químicos e biolóxicos) e aos propios do deseño do posto de traballo (como os vehículos). Non obstante, a Xefatura Territorial só ten elaboradas as avaliacións das oficinas, nas que tan só permanecen aqueles funcionarios e funcionarias que fan labores administrativas e só de lugares fixos de traballo, pero non dos diferentes postos.

A carencia da avaliación está considera como falta grave na Lei de Infraccións e Sancións na Orde Social, polo que dende o Gabinete da CIG agárdase que a Inspección de Traballo tome medidas a este respecto e obrigue a Consellaría a realizar de inmediato as avaliacións de riscos dos distintos postos de traballo.

Documentos
Denuncia Medio Rural.pdf
cig.prensa@galizacig.com