Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 10/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG de Ourense mobilízase contra o recorte das pensións e o aumento da idade de xubilación

A asemblea de delegadas e delegados encheu o local sindical desta cidade
Desde as 10 da mañá do mércores dia 10 de febreiro as delegadas e delegados da CIG reunironse en Asemblea comarcal no Salón de Actos do Local Sindical do Parque San Lázaro. A partir das 11 celebraron unha concentración, da que participaron perto de 300 delegadas e delegadas, diante da Subdelegación do Goberno, no Parque Sán Lázaro "para manifestar a nosa protesta contra o recorte das pensións, esixindo a retirada da lei".

Perto de 300 delegadas e delegados encheron o Salón de Actos do Local Sindical en Ourense, nunha asemblea na que se analizou o proxecto da nova lei de pensións, e se expuxeron argumentos para o rexeitamento desta médida "drástica, regresiva e falta de lóxica, que atenta contra os dereitos dos traballadores", sinalaba Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG de Ourense.

Manifestación até a Subdelegación

Despois desta asemblea saiuse en manifestación até a Subdelegación do Goberno. Fronte a esta sede da Administración central, cortouse o tránsito durante 15 minutos.

A concentración diante de Subdelegación do Goberno alongouse unha hora, na que foron continuos os berros e consignas referentes á defensa do sistema público de pensións e en contra do recorte do mesmo.

Novas xornadas de loita

Ao remate desta mobilización, realizouse un chamamento ás delegadas e delegados alí presentes a novas xornadas de loita e mobilizacións contra estas reformas, como as que se van convocar desde a confederación e que xa están previstas no 10 de marzo, Dia da Clase Obreira Galega.

cig.prensa@galizacig.com