Esta mobilización, convocada polo Comité de Empresa de Levantina, denunciaba a pretensión da empresa de trasladar a sete traballadores/as, dos que 3 están no Comité de Empresa, dous gozan de redución de xornada por fillos menores, unha foi na candidatura da CIG e outra é eventual, o que "non é máis que outra tentativa de novos despedimentos de xeito encuberto".
O Comité de Empresa xa puxo en coñecemento da Inspección de Traballo a intención da empresa de trasladar a estes sete traballadores/as a Alacante, por entender que a empresa "vulnera dereitos sindicais e discrimina por cuestións de maternidade".
Desde o Comité de Empresa anuncian que continuarán coas mobilizacións e con novas concentracións diante do seu centro de traballo no Polígono da Granxa, no Porriño.