A próxima concentración terá lugar o xoves 11 de febreiro ás 11h no Hospital do Meixoeiro.
O luns 8 de febreiro a Comisión de Centro foi recibida polo alcalde de Vigo, logo de que esta convocara unha concentración no concello para o mércores 10 de febreiro ás 12 da mañá. Nesta xuntanza a o alcalde manifestou o seu apoio á un hospital público 100% tanto na xestión como no financiamento. Logo deste pronunciamento esperamos contar coa súa presenza nas mobilizacións cidadáns en defensa da sanidade pública en Vigo.
Polo tanto, logrado o obxectivo, quedaba desconvocada a concentración prevista para o mércores 10 de febreiro diante do Concello.
Calendario de mobilizacións
A continuación expomos o calendario de actos a desenvolver nas próximas datas:
Xoves 11 de febreiro as 11h concentración no Hospital do Meixoeiro.
Venres 12 de febreiro as 11h asemblea no H. Xeral, ás 14h no H. Meixoeiro.
Mércores 17 febreiro comparsa do enterro da sardiña, ás 18h na Praza da Constitución (Porta do Sol) onde iremos acompañando á comparsa Os Tarteiras, vestidos con uniforme de hospital e lazos e brazaletes negros.
Mércores 24 folga e manifestación as 20h dende H. Xeral ata o edificio da Xunta (Praza da Estrela).
Sábado 20 de marzo acto lúdico festivo na finca de San Roque de mañá e tarde, (concretaranse os actos mais adiante)
Xoves 25 de marzo folga e gran manifestación cidadá as 20h dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz.
Máxima participación
Desde a CIG-Saúde de Vigo agardan "ter a máxima participación reivindicativa para conseguir o obxectivo marcado, que non e outro, que paralizar as intencións do PP de privatizar a sanidade pública en Vigo".
Máis imaxes
Na galería de imaxes da nosa web, nesta ligazón, ou na páxina da CIG-Saúde de Vigo podedes atopar máis fotografías do desenvolvemento desta mobilización.