Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 10/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os parados do naval mobilízanse na Inspección de Traballo para demandar implicación na regulación da contratación

Nova acción destes desempregados do sector
Os traballadores do sector naval que forman parte da asemblea de parados o martes 9 de febreiro realizaron unha nova acción de protesta e visibilización da situación na que se atopan, pola falta de regulación de contratación no sector. Asi, ás once da mañá ocupaban a Delegación da Inspección de Traballo en Vigo, onde se mantiveron até ser recibidos polo Xefe de Inspección de Traballo, Xesús Casas de Ron, ao que lle trasladaron as súas demandas e inquedanzas. 

De 11 a 12.30 mantiña a asemblea de parados do naval unha mobilización ás portas da Inspección de Traballo e no seu interior para demandar a regulación da contratación no naval, asi como para reclamarlle a esta Administración unha maior implicación e vixilancia para que non se continúe a dar a subcontratación ilegal de traballadores neste sector.

Reunión co Xefe da Inspección

Asi, con esta acción sorpresa conseguian reunirse co xefe da Inspección de Traballo, Xesús Casas de Ron, quen se comprometeu a intervir para cumprir a legalidade na contratación do sector, e para que se cumpra o convenio provincial neste aspecto.

Reunión da mesa do naval

Á tarde tivo lugar unha nova reunión da Mesa do Naval, polo que a asemblea de parados volveu mobilizarse diante da Delegación da Xunta en Vigo, onde tiña lugar este encontro.

cig.prensa@galizacig.com