Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 10/3/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG celebra a III edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega

Nun acto de confraternidade o mércores 11 de marzo en Compostela
A Confederación Intersindical Galega vai desenvolver este mércores, día 11 de marzo, a III Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, cun xantar de confraternización ao que están convidados, ademais de representantes sindicais, representantes de diversas asociacións, entidades e persoeiros da vida cultural, política e económica de Galiza.
Os traballadores da Construción da provincia de Pontevedra foron os galardoados.

Cos premios do Día da Clase Obreira Galega, a CIG, ademais de lembrar esta significativa data, pretende -por medio dun agasallo-recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíra durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro.

O pasado ano o premio foi para os traballadores da Construción da provincia de Pontevedra, protagonistas da principal mobilización desenvolvida durante o 2007.

O acto, que terá lugar no Hotel Porta do Camiño, en San Lázaro, comezará sobre ás 14:15 horas e pechará coa entrega, a partir das 16:00 horas, do Premio do Día da Clase Obreira Galega e coa intervención do secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

cig.prensa@galizacig.com