Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 10/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Inspección considera que os contratos temporais dos programas do Consorcio da provincia da Coruña están en fraude de lei

A CIG agarda que corrixa a súa política de contratacións
A Inspección de Traballo considera que todos os contratos temporais dos programas PGIA, PGIS, PIO e PIAF (programas de inclusión, atención á familia e atención á muller) da provincia da Coruña están en fraude de lei e levanta tamén acta de infracción contra o Consorcio pola comisión dunha falta administrativa grave.

A acta avala os argumentos xurídicos que sostén a CIG. Ademais, favorece os traballadores/as para defender a improcedencia dos seus despedimentos nas reclamacións individuais, actualmente en curso.

A CIG agarda que o Consorcio corrixa a súa política de contratación e atope solución axeitada para estes traballadores e traballadoras.

cig.prensa@galizacig.com