Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 10/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Proseguen as concentracións diante dos estabelecementos de Francisco Parada para esixir o pagamentos das débedas salariais

O empresario continúa sen solicitar concurso de acredores a pesar da situación de quebra da compañía
Delegados e delegadas da CIG-Servizos repetiron as concentracións iniciadas hai unhas semanas diante da tenda de Francisco Parada no centro de A Coruña para demandar o pagamento dos atrasos salariais que o empresario adebeda a boa parte do seus traballadores e traballadoras. Dende a CIG-Servizos advirten que as protestas continuarán até que a empresa faga fronte a todas as súas débedas.

A tenda que Francisco Parada ten na rúa Fernando Macías de A Coruña volvía ser esta mañá o centro das protestas que a CIG-Servizos vén desenvolvendo dende hai unhas semanas para denunciar publicamente a situación na que se atopan os traballadores e traballadoras desta empresa, dedicada á comercialización e instalación de materiais de luxo para cuartos de baño e piscinas.

A empresa, que conta tamén con estabelecementos na cidade de Vigo, leva máis de un ano arrastrando cuantiosas débedas cunha parte importante do seu persoal, chegando algúns a acumular sete meses sen cobrar os seus salarios. A situación, informan dende a CIG-Servizos, é tan dramática que os empregados/as, que se atopan de baixa a causa deste abuso, mesmo se viron obrigados a denunciar xudicialmente a súa situación para poder rescindir os contratos e iniciar a procura dun novo traballo.

Mentres, o empresario continúa sen decidirse a solicitar concurso de acredores, a pesar de que a situación da compañía é de quebra absoluta e de ter contraídas débedas non só co cadro de persoal, senón tamén cos provedores e mesmo cos clientes.

cig.prensa@galizacig.com