Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 10/4/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A consellaría de Traballo e Benestar despide a 18 traballadores/as en Ourense

O Comité de Empresa do Centro de Menores de Montealegre concentrouse diante da EGAP, ás 14:00 deste martes
CIG-Administración denuncia que este martes, a Consellaría de Traballo e Benestar consumou “outra aldraxe contra a provincia de Ourense” ao amortizar (despedir a persoal laboral) 18 prazas. É dicir, outras 18 persoas que se van ao paro nunha provincia onde o desemprego é especialmente preocupante. Para denuncialo, os membros do Comité de Empresa concentráronse diante da EGAP, contra o peche do Centro de Menores de Montealegre e todas as amortizacións que acaba de aprobar a Xunta, que ascenden a un total de 70 prazas.

Concentración de delegados/as diante da EGAP en Santiago de Compostela.

Outra das decisións que adoptará hoxe a administración é, segundo informa o sector da autonómica da CIG-Administración de Ourense, a eliminación doutro servizo público, o peche do Centro de Menores de Montealegre. Un centro senlleiro en Galicia, que leva facendo unha laboura inestimable dende hai máis de 50 anos na Cidade de Ourense.

O peche do Centro de Menores de Montealegre, coa escusa da realización de obras de mellora, é “a demostración palpable da destrución dos Servizos Públicos e da eliminación de postos de traballo na provincia de Ourense”, aseguran.

En contra destas amortizacións, en contra do peche do Centro de Menores de Montealegre, e na defensa dos servizos públicos, o Comité de Empresa convocou unha concentración diante da EGAP, este martes en Santiago de Compostela, para exixir o compromiso da Consellería de Traballo de que cando rematen as obras o Centro de Menores de Montealegre sexa aberto de novo como un Centro Público dotado do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia, así como a non amortización dos postos de traballo propostos.

cig.prensa@galizacig.com