Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 10/5/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Novo peche na Fundación para a Calidade Industrial para denunciar os despedimentos improcedentes

Participaron traballadores e representantes das centrais sindicais que conforman o comité
Traballadores, membros do comité de empresa e representantes sindicais da CIG, CCOO e UGT participaron nunha nova acción de protesta na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza por mor dos despedimentos improcedentes e a represión sindical que padecen as/os traballadoras/es. Malia intentar manifestar as súas denuncias no principal centro de traballo, onde se atopa o despacho da xerente, Covadonga Toca, a porta de entrada atopábase, casualmente, pechada.

Malia iso, percorreron os centros de traballo informando aos traballadores/as da situación na que se atopa o ente e das negociacións que intenta abrir o comité para exixir da consellaría a readmisón das/os despedidas/os de forma improcedente, denunciar a represión sindical da que son vítimas, demandar o cese da xerenta e manifestar a súa oposición ao intento de privatización deste organismo.

O Comité de Empresa, coa maioría dos representantes sindicais, anunciou ademais un calendario de concentracións ata que non se vexan atendidas as súas peticións. A primeira das concentracións de traballadores/as foi a celebrada o pasado venres día 7 de maio ás 12:30h. nas oficinas dos servizos centrais da Fundación, situadas no Centro Comercial de Área Central en Santiago de Compostela.

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dependente organicamente da Consellería de Economía e Industria, efectuou a pasada semana seis (6) novos despedimentos de persoal técnico sen ofrecer explicacións previas ao Comité de Empresa e recoñecendo a improcedencia dos mesmos sen preaviso aos traballadores/as, coa correspondente indemnización con fondos públicos. Esta dinámica de despedimentos súmase a outros efectuados trala incorporación de Covadonga Toca como xerente no ano 2009, entre os cales, e de momento, tres (3) despedimentos foron dictaminados nulos por represión sindical tralo informe da Inspección de Traballo da Seguridade Social.

A política de despedimentos desenvolvida pola actual xerente foi criticada reiteradamente polos representantes sindicais, que agora esixen responsabilidades ao Conselleiro de Economía e Industria, como Presidente do Padroado desta Fundación pública. O Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), no que realizaban os seus servizos os traballadores/as despedidos, será obxecto dunha privatización a través da contratación dunha consultora para asistencia técnica, como acontece coa rede de software libre e de fontes abertas (MANCOMÚN), que demostra a entrega destes servizos públicos a empresas privadas por parte do goberno da Xunta de Galicia.

 

cig.prensa@galizacig.com