Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 10/5/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG asinará o convenio de panaderías de Ourense despois do acordo acadado na revisión salarial

Contempla unha subida do 3,5% no primeiro ano e o cobro de atrasos dende xaneiro de 2010
A Confederación Intersindical Galega (CIG) asinará xunto á UGT o convenio provincial de panaderías de Ourense despois do acordo acadado coa asociación de empresario do sector no que respecta á revisión salarial e ao cobro de atrasos. O documento, que terá unha vixencia de dous anos, fixa tamén un incremento superior para os pluses de horario e nocturnidade.

O acordo será ratificado nos vindeiros días polos sindicatos e a patronal e permanecerá en vigor até o mes de decembro de 2012. O incremento salarial para o primeiro ano fíxase nun 3,5%, establecéndose unha cláusula de revisión no caso de que o IPC supere o 2,5%. Os atrasos aplicaranse dende o pasado 1 de xaneiro, data na que comezará a ter vixencia o convenio con carácter retroactivo. A subida salarial para o ano 2012 será do IPC máis o 0,5%, contemplándose a cláusula de revisión salarial se o IPC supera o 2,5%. Ao mesmo, tempo os pluses de horario e nocturnidade terán un incremento superior.

Tamén se actualizan os salarios do ano 2010 aplicando a cláusula de revisión prevista no convenio, o que supón un aumento dos soldos nun 1,25% a aplicar dende o 1 de xaneiro do ano pasado, o que supón que os traballadores/as cobrarán os atrasos a partir desa data.

Dende a Unión Comarcal de Ourense valoran moi positivamente o acordo polas melloras que contempla para os empregados e empregadas das panaderías da provincia.

cig.prensa@galizacig.com