Diante deste novo cambio, os/as traballadores/as desconvocaron o paro parcial previsto para o mércores entre as 10:00 e as 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas. Non obstante, dende a Federación de Servizos informaron que, á espera do resultado da primeira reunión da mesa de negociación, os paros previstos para os días 13 e 19 de maio continúan activos.
Os traballadores e traballadoras da Fundación USC Deportiva decidiran recorrer a estas medidas de presión para reclamar da Universidade e da Fundación a creación dunha mesa de negociación na que avaliar o plano de viabilidade que se está a deseñar e que, segundo as escasas informacións das que dispoñen, implicaría a extinción de postos de traballo e de actividades deportivas.