A organización agradeceu a participación do alumnado e dos centros que quixeron percorrer as rúas de Vigo no día de hoxe para reclamar a normalización do galego.
Na festa final da carreira pola lingua, que se celebrou no parque de Castrelos e foi presentada pola actriz Iria Sobrado, deuse lectura ao manifesto e celebráronse actividades lúdicas para os máis pequenos. A continuación actoaron o grupo Zurrumalla e o gañador do concurso musical Cantalingua 2012, Xenderal.