Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 11/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Delegados/as de NCG exixen á Xunta de Galiza un compromiso en materia de emprego no proceso de resolución ordenada de NCG

Concentráronse este xoves diante de San Caetano para demandar interlocución directa e a partir do día 18 iniciarán unha concentración permanente ante a sede da Coruña
Delegados e delegadas de Novagalicia concentráronse este xoves en San Caetano, Compostela, para demandar un compromiso en materia de emprego no proceso de resolución ordenada de Novagalicia, que afecta tamén ao Banco Gallego e ás empresas auxiliares e exixir interlocución directa nas negociacións.

Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca, amosou a súa preocupación polo futuro da entidade e exixiu que se lle dea toda a información ás/aos representantes das/os traballadoras/es para coñecer a situación na que se atopa o proceso e saber o que vai pasar coas 6.000 traballadoras e traballadores afectados.

Na propia concentración, Montero anunciou que en reunidos en asemblea, os delegados e delegadas da CIG acordaron iniciar, a partir do día 18 de outubro, unha concentración permanente diante da sede da entidade na Coruña, que só sería interrompida, se non se lles dá unha resposta antes, na xornada de reflexión.

O secretario nacional de CIG-Banca salientou a relevancia de Novagalicia para a economía galega, por tratarse dunha entidade sistémica, polo que demandou da Xunta que solicite participar nas reunións con responsábeis europeos para que defenda tanto a entidade como o papel que esta ten en Galiza.

Montero lembra os 6.000 postos de traballo que están en xogo, a situación de incerteza na que se atopan e a responsabilidade que ten a Xunta en todo este proceso.

cig.prensa@galizacig.com