Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 11/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Máis de 60 organizacións sindicais e sociais galegas reúnense para pór en marcha a Alianza Social Galega

Acordan facer público o seu manifesto, o vindeiro día 18 de outubro
A reunión foi promovida por UGT, CIG e CCOO e pretende xerar o maior espazo de unidade e mobilización fronte aos recortes sociais e en dereitos, e na formulación de alternativas sociais fronte á crise.

Hoxe celebrouse a primeira reunión de traballo da Alianza Social Galega, na que participaron as organizacións sindicais e sociais máis representativas e críticas coa actual situación de crise que está a padecer a cidadanía galega, e coas políticas de recortes sociais e de dereitos que o goberno da Xunta está a aplicar.

A partir de hoxe póñense en marcha os traballos deste importantísimo espazo plural e sectorial para a mobilización contra as políticas de recorte, que continuarán o vindeiro xoves 18 de outubro coa seguinte reunión, na que a Alianza Social Galega presentará publicamente o seu manifesto fundacional e as súas principais propostas.

cig.prensa@galizacig.com