Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 11/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Comité de Traballo e Benestar protesta cunha sentada contra os recortes nos centros dependentes da Consellaría

Denuncian a amortización de postos, a privatización da xestión dos centros, o empeoramento das condicións laborais e a caída da calidade asistencial
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña protagonizou na mañá do mércores unha sentada diante das oficinas da Xefatura de Traballo e Benestar, para denunciar as consecuencias na calidade asistencial que están a ter os recortes nos servizos públicos e protestar pola denegación dun local por parte da administración para celebrar a xuntanza da representación do persoal, co obxecto, apuntan, de silenciar as súas demandas.

Con esta protesta, o Comité denunciou os sucesivos recortes e medidas arbitrarias que está a adoptar o departamento autonómico de Traballo e Benestar contra o seu persoal e os efectos que están a ter na calidade asistencial nos centros públicos. Así, explicaron que os traballadores e traballadoras non teñen non compensacións por traballar domingos ou festivos como outro persoal da administración, e mesmo se dan situacións nas que hai empregados/as que pasan nove días seguidos sen descanso.

Ao mesmo tempo, a Consellaría continúa avanzando no proceso de desmantelamento e privatización da xestión dos servizos sociais en favor das empresas privadas,  amortizando postos de traballo e rebaixando as condicións laborais,  coas repercusións que isto ten para a calidade asistencial achegada aos usuarios e usuarias. 

cig.prensa@galizacig.com