Desde a asemblea de parados anuncian que nos próximos dias pode haber máis accións deste tipo noutros estaleiros da ría de Vigo, xa que "está en xogo que podamos continuar a traballar algún día no sector naval, porque mentres non se regule a contratación nos continuaremos no desemprego, e moita máis xente estará na nosa situación".
Demandan solucións
Solicitan que as Administracións e os empresarios solucionen realmente o problema da contratación no sector, e que se busque unha saída a este conflito aberto no naval vigués.
Desde este colectivo tamén adiantaron que os dous traballadores que están no guindastre non baixarán até que a dirección do estaleiro se reúna cunha representación da asemblea de parados.
Grupo de apoio
Desde fora do estaleiro, os compañeiros da asemblea de parados achegaronse para darlles ánimos, e foron identificados por antidisturbios que de seguido chegaron, permanecendo varias dotacións destas forzas policiais na zona nestes momentos.