Desde as 11 da mañá o Hospital Meixoeiro de Vigo acolleu unha nova mobilización de traballadoras e traballadores da sanidade contra a privatización da sanidade.
Asembleas
O venres 12 de febreiro celebraranse asembleas informativas por parte da Comisión de Centro do CHUVI no salón de actos Hospital Xeral ás 11h e no Hospital do Meixoeiro ás 14h tamén no salón de actos.
Continuarán as mobilizacións
Desde a CIG-Saúde de Vigo apostan por continuar "mantendo a presión sen descanso, que non lle saia gratis o custe da privatización aos mercenarios do privado".
Máis imaxes
Na galería de imaxes da nosa web podedes atopar máis imaxes desta mobilización, ou nesta ligazón, ou na páxina da CIG-Saúde de Vigo.