Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 11/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O 12 de febreiro haberá unha nova concentración ás portas da Levantina para rexeitar os traslados forzosos impostos pola empresa

A CIG-Construción considera un mal exemplo pola falta de respecto á representación sindical e á conciliación da vida
O venres 12 de Febreiro os traballadores e traballadoras e Levantina (antiguo Grupo Graninter), empresa adicada á transformación do granito, concentraranse de novo ás 14 horas ante as dependencias da mesma, no Polígono de A Granxa en O Porriño, para mostrar a sua oposición ao traslado forzoso de seis compañeiros/as a Alacant: 3 son membros do Comité de Empresa e duas traballadoras están acollidas a reducción de xornada por coidado de fillos.

Desde a CIG-Construción consideran estes feitos como un "un exemplo de cómo entende a patronal o respeito polos dereitos á representación sindical e a obriga legal de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar"

Solidariedade da federación

A Federación da Construción e Madeira da CIG, solidarízase cos traballadores e traballadoras de Levantina e denuncia as actuacións cínicas dos directivos da empresa, xa que, a maiores da "exemplarizante" elección de candidatos/as ao traslado, resulta que os envía a un centro de traballo no que nos próximos meses van a proceder ao despido de 47 traballadores/as mediante un ERE extintivo. Curiosa maneira de racionalizar o organigrama da empresa.

O desprezo polas persoas, o despotismo no estilo de dirección queda patente no xeito de proceder por parte da Dirección: enviándolles unha orde executiva de trasalado forzoso nos prazos mínimos que lles permite o Convenio Colectivo e sin ningún tipo de aviso nin negociación previa. "A decisión está tomada" "razonan". Unilateralmente; o que contradí toda a retórica do consenso e negociación que tanto lle gusta invocar á Patronal.

Violencia empresarial

Estamos de novo ante un caso de violencia empresarial. Pois violencia é privar a un traballador e a sua familia do seu medio de subsistencia.

"Esta deriva empresarial cara o autoritarismo e a imposición, resulta preocupante e augura un futuro próximo de elevada conflictividade, pois ninguén pode esperar que as agresións queden sen resposta", subliñan desde a CIG-Construción.

Recebeu axudas públicas

LEVANTINA ten recibido nos últimos anos subvencións públicas por máis de un millón de euros, axudas ás que responde destruido empregos en Galiza. Por elo e por esta aposta polo autoritarismo constatada en diversos sectores empresariais, a FCM-CIG ten acordado dirixirse ás Consellerías de Traballo e Industria para tratar da situación nos mesmos, incluído o da Pedra, para comunicar as súas inquietudes e solicitar transparencia e participación sindical nos planes nos que se inclúan axudas públicas.

Tamén informamos que, por medio dos deputados do BNG no Parlamento de Galicia, presentararáse unha pregunta ao Goberno Galego sobre a situación de Levantina e as suas actuacións recentes.

cig.prensa@galizacig.com