Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 11/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O persoal do Citifin rexeita en referendo o preacordo para desmantelar a empresa

A financeira de Citibank chegou a un acordo con CCOO e UGT para desfacerse do cadro de persoal a través de prexubilacións e baixas incentivadas
Ao longo dos últimos meses a Dirección de Citifin, a financeira do Citibank no Estado español, abriu un proceso de negociación coa representación sindical no que en definitiva pretendía o visto bo para o desmantelamento da financeira. A CIG rexeitou a intención da empresa e o preacordo ao que chegaron os sindicatos estatais CCOO e UGT coa empresa, para desfacerse practicamente de todo o persoal a través de prexubilacións e baixas incentivadas.

O acordo foi sometido a referendo entre o persoal, defendendo a CIG e CGT o voto en contra e CCOO e UGT o voto a favor do citado preacordo.

Na convocatoria do referendo incluíron que as abstencións, así como o persoal de baixa ou ausente por vacacións, engadiríase aos votos a favor do preacordo, e incluso así eses votos quedaron en 118 fronte aos 148 votos claros contra o preacordo.

A CIG aposta polo mantemento dos postos de traballo e rexeita o desmantelamento de Citifin, por parte do Citibank, entidade que tivo no 2009 beneficios que lle permitiron incluso devolver as axudas públicas en EEUU.

cig.prensa@galizacig.com