O feito de deixar sen axudas a dúas das principais Industrias da Comarca como son o Grupo Viza e Copo que comprometen un nivel de emprego superior a 1600 traballadores, deixa en evidencia que o Goberno Español pode ser sensible as demandas das Multinacionais provedoras pero despreza ao mesmo tempo ás Empresas Galegas que so dependen do seu capital.
A decisión tomada polo Ministerio de Industria deixa ás empresas Galegas nunha situación de desvantaxe a nivel competitivo coas demais Empresas Multinacionais, nunha conxuntura especialmente difícil para este ano 2010.
Non parece que esta sexa unha decisión inocente senón claramente arbitraria e deliberada, que penaliza ao sector da automoción galego que non ten a flexibilidade financeira de mobilizar recursos doutros lugares para aquí.
Dende a CIG esiximos que se revise o criterio de reparto ou se amplie o orzamento para atender a estas empresas ao tempo que solicitamos da Xunta que actue na súa responsabilidade política diante do Ministerio de Industria para defender o País e as súas Industrias.