"Deixándolle claro que as nosas reivindicacións non podían ser outras que aquelas polas que fomos a folga dos dias 19 e 19 de febreiro, acordouse un calendario de xuntas para falar delas, a celebrar os dias 4, 9, 11 e 17 de marzo ás 10 da mañá, rexeitando outra que a empresa pretendía para o día 25, xa que o Comité considera que xa se vai moi alá no tempo e isto ten que estar solucionado antes, e dándonos a posibilidade que se foran necesarias máis xuntas, poden programarse entre os dias das xa programadas", explican.
Comité de Seguridade e Saúde
Por outra banda, a empresa pediu que se retirara das reivindicacións o tema da Seguridade, cuestión que se aceptou polo Comité de Empresa, que fixo traslado de este punto ao Comité de Seguridade e Saúde, para que sexan eles os que traballen neste tema e tomen as decisións que consideren oportunas e necesarias en cada caso.
"Tamén deixouselle claro á empresa que o rol de reivindicacións é algo vivo, e que pode modificarse en calquera momento, xa que a empresa continúa a facer difícil as relacións laborais con accións como a de descontarnos dous dias de prima de produción, cando o convenio di que a prima a cobrar será a realmente producida e negándonos o listado do persoal con DI para controlar o TC2", rematan.